D.E.P – Javier González Iglesias

Dende esta Federación e en nome de todos os socios que a compoñen, sentimos moitísimo a perdida do noso compañeiro e amigo Javier González Iglesias, antigo membro do Círculo Colombofilo Herculino e da Sociedade de Sada.

Irmán do noso compañeiro e gran amigo Julio González Iglesias (Lito) actual socio do Círculo Colombofilo Herculino.

O noso máis sincero pésame á súa familia e amigos.